O Concello de Pontevedra detecta un verquido de terra ao Gafos procedente dunha escavación
A Concellaría responsábel do abastecemento de auga da cidade, que xestiona Raimundo González tivo coñecemento a última hora da mañá dun verquido ao río Gafos, ao seu paso pola cidade. Tratouse un verquido totalmente inocuou para o río, xa que se trataba de terra procedente dunha escavación.
A empresa concesionaria do servizo, Aquagest, logo de varios traballos de localización, ordenou á empresa que causaba que as augas do Gafos se tinguiran de marrón, que cesase nesta actividade.











