O Concello de Pontevedra abre oficialmente a praia fluvial co servizo de socorrismo, operativo até setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Medio Ambiente pon en marcha esta mañá a praia fluvial. Durante os días previos o departamento que dirixe Anxos Riveiro realizou diversas actuacións de mellora da praia para tela lista de cara ao verán e para o goce dos veciños de Pontevedra. Só hai que agardar a que o tempo acompañe.

Hoxe ponse en marcha o servizo de socorrismo que atenderá ás urxencias que se poidan producir no areal até o vindeiro 8 de setembro, ao
igual que en anos anteriores.

Limpeza do areal, acondicionamento da zona verde, arranxo ou substitución de mobiliario urbano, achega de area para completar a praia foron algúns dos traballos que se viñeron realizando nas últimas semanas para devolver á praia urbana a súa mellor cara, logo do paso do inverno e das chuvias e as enchentes que fixeron bastante dano ao areal.

A praia conta dende hoxe co servizo de socorrismo habitual dende a súa creación. A concellaría considera oficial a posta en marcha da praia con este servizo que estará operativo toda a semana –con dous socorristas diarios até o vindeiro 8 de setembro.

22 de xuño de 2013 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.