O Concello de Ponte Caldelas levan a cabo diversas obras de reparacion en viais da parroquia de Forzans

Traballos de mellora viaria
Operarios do Concello de Ponte Caldelas procederon a reparar diferentes viais da parroquia de Forzáns que foran afectados polas últimas riadas e que, nalgún caso, presentaban problemas de seguridade para o uso de viandantes yq que corrían o perigo de caer nalgún das fochas existentes.
Os efectos das intensas chuvias caídas esta tempada pasada provocaran a aparición de perigosas fochas por efecto do desgaste paulatino do firme na canella que conecta a estrada de Forzáns a Gaxate coa Fonte de Aldea e que ameazaban con causar a caída dalgún veciño, sobre todo de elevada idade e que adoitan frecuentar este vial de enlace entre a zona Dos hortos e o cruzamento de Vilán-Fornelos.
Nunha recente reunión mantida coa Asociación de Veciños de Forzáns o alcalde comprometeuse a resolver este problema unha vez pasados os meses de intensa chuvia que dificultarían a solución do problema. Así mesmo, tamén se acometeu a limpeza do cano subterráneo de condución de augas pluviais que discorre á altura da Fonte das Caldas, xusto na súa confluencia coa rúa de suba á igrexa parroquial.
A continua deposición de material areento, por efecto das chuvias, provocara o cegamiento total do tubo de desaugadoiro o que facía que, en días de mal tempo, se acumulase nesta zona unha gran cantidade de auga que non tiña por onde discorrer e que impedía o paso normal dos peóns no seu acceso á igrexa parroquial.
Durante a visita realizada polo delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e o alcalde Perfecto Rodríguez ás obras de inicio da senda peonil os veciños trasladáronlle a petición ao rexedor xa que as continuas chuvias provocaban que se inundase ese tramo da estrada, que agora se repara coincidindo coa fase final destas obras de creación da senda peonil.
Aínda que o vial non é de titularidade municipal e ante a insistencia e necesidade dos veciños, o alcalde de Ponte Caldelas decidiu aproveitar o Plan de Emprego da Diputación para destinar varios operarios da brigada de mellora de infraestruturas a resolver este problema.
A Asociación de Veciños de Forzáns agradeceu ao Concello que se acometeran estas pequenas obras que estaban a ocasionar graves prexuízos para os veciños e que contribúen a mellorar a calidade de vida dos residentes na zona rural do municipio.











