O Concello de Ourense será a institución que máis cantidade destine a subvencións deportivas, e a que antes abone as desta tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense continúa cumprindo, un ano máis, con cada convocatoria de subvencións deportivas, sendo a primeira institución en abonalas axudas correspondentes con esta tempada, e a que máis subvencións concede, con 750.000 euros.

O Consello Municipal de Deportes vén de notificar durante o día de hoxe aos clubes deportivos que presentaron a documentación para a convocatoria de subvencións deportivas en réxime competitivo. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes o día 30 de maio, e revisada a documentación, terán 10 días hábiles para correxir as deficiencias atopadas en 15 casos.

Paralelamente, o Concello prepara unha modificación orzamentaria que dote o crédito necesario para este fin, coa previsión de que sexa

 aprobada este verán para poder abonar as axudas. Cumprindo co establecido na Lei Estatal de Estabilidade Orzamentaria, esta modificación

poderá realizarse no momento en que sexa rematada a liquidación do orzamento consolidado do Concello de Ourense do ano 2012, que actualmente está a punto de rematar.

O goberno municipal traballa coa previsión de aprobar esta modificación orzamentaria nas próximas semanas, ben sexa nun pleno ordinario ou extraordinario, que permita outorgalas axudas apenas unhas semanas despois de que remate a tempada, o día 30 de xuño. Unha vez comprobado que tódolos equipos cumplen cos requisitos, presentaron a documentación e completaron a tempada para a que solicitaron o apoio do Concello de Ourense, serán concedidas ditas axudas, todas en réxime competitivo.

En contraste con outras institucións, o Concello de Ourense será un ano máis a institución que máis apoio económico conceda aos equipos deportivos ourensáns, e a que antes abone as axudas correspondentes á tempada 2012-2013. A Deputación de Ourense as ten convocadas, e a Xunta, que as concede anualmente, aínda non convocou as do presente ano 2013.

11 de xuño de 2013 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.