O Concello de Ourense mellora a sinalización horizontal nos viais principais da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Co obxectivo de mellorar a seguridade e visibilidade viaria, a Concellería de Tráfico do Concello de Ourense, está a realizar unha serie de labores de recuperación, restauración e pintura da sinaléctica horizontal das vías principais do entorno urbano da cidade, co fin de mellorar o tránsito, canalizalo e alertar da presencia de obstáculos. Os traballos deron comezo, pola rúa Progreso e Avda. De Zamora, a semana pasada. Os operarios levaron a cabo as tarefas en horario nocturno, dende as 5.00 da madrugada ata as 10.00h, para afectar o mínimo posible ao tráfico rodado e aos usuarias e usuarios habituais da vía.

Reforzaranse as liñas de borde de pavimento, separación de carrís, bloqueo, estacionamento, frechas, paradas e carríl de autobuses, pasos de peóns, e ceda o paso.

Posteriormente mellorarase a sinaléctica en outras arterias principais da cidade coma a Avda de Buenos Aires, Avda da Habana, Ervedelo, Greco e Saínza entre outras, co obxectivo de que as marcas viarias sexan perfectamente observadas por conductores e peóns para garantir a seguridade de ambos.

O Concello de Ourense solicita desculpas polas molestias que se poidan ocasionar aos veciños e veciñas da cidade, tendo en conta que os traballos se realizarán no menor prazo de tempo posible e coidando en todo momento e causar as menores molestias posibles.

Mellora da regulación e ordeación do tráfico

Dende a Concellería de Tráfico na pasada campaña se mellorou a regulación e ordeación do tráfico na zona de O Couto, con 12 novos semáforos que contan con tecnoloxía led de baixo consumo e implican melloras na circulación e na seguridade de toda a área, coa finalidade de optimizar a rede do barrio do Couto, cuxa vía principal é a rúa Ervedelo.

10 de xuño de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.