O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de natación verán 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOroso
A-
A+

O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación Verán 2013, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 e o 30 de xullo. A iniciativa está dirixida tanto a nenos de 4 a 16 anos, como a adultos, que deberán anotarse nas oficinas do complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro (981 92 79 01) antes do 27 de xuño.

O Concello de Oroso estableceu un horario matutino para as clases de natación para os nenos, concretamente de luns a venres de 11:00 a 13:30 horas; mentres que para os adultos será de luns a venres, a partir das 20:20 horas. Os únicos requisitos para participar nestes cursos de natación son ter tramitado o carné de abonado da piscina e cubrir a correspondente folla de inscrición.

Carné abonado

A piscina municipal de Sigüeiro está aberta ao público dende o pasado 1 de xuño, en horario de once da mañá ata as nove da tarde. Para obter o carné de abonado, os solicitantes poden solicitalo na web municipal (www.concellooroso.com), dende onde tamén poden pagar as cotas on line (apartado instalacións deportivas). Os prezos dos carnés son de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Os veciños e veciñas empadroados en Oroso teñen un desconto de 7 euros, polo que para os empadroados a tarifa será de 17 euros (de 4 a 16 anos) e de 25 euros (maiores de 16 anos).

21 de xuño de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.