O Concello de Ordes recibe o premio Bandera Verde-Municipio Responsable

Entrega do galardón
O Concello de Ordes ven de ser distinguido esta semana pola Federación de Usuarios-Consumidores Independientes (FUCI) na XII edición dos Premios Bandera Verde-Municipio Responsable, que recoñecen e premian os esforzos que en materia de medio ambiente, consumo e sostenibilidade realizan as administracións locais dentro do ámbito nacional. A xestión do Consistorio ordense foi recoñecida por esta federación nas modalidades de Residuos, limpieza e xardinería, Educación Ambiental e participación cidadán.
O encargado de recoller o galardón foi o alcalde do municipio Manuel Regos, nun acto celebrado hai escasos días en Madrid, e presidido polos ministros de Sanidad, Políticas Sociales e Igualdad, Ana Mato, así como o ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.
Durante a entrega, que tivo lugar na sede do Ministerio de Sanidad, Políticas Sociales e Igualdad, Regos agradeceu a concesión deste premio aos seus organizadores como tamén o o seu “equipo de Goberno que sempre ten nas súas prioridades a sostenibilidade e o mantemento do noso Concello en perfectas condicións para deixarllo como é debido ás xeneracións futuras, xa que se trata da mellor herencia e legado que podemos ceder”. Regos tamén asegurou que “recoñecementos deste tipo son un pulo paracontinuar traballando na mesma liña”.
Nesta edición foron recoñecidos un total de 67 municipios de toda España pertencentes ás comunidades autónomas de Andalucía, Madrid, País Vasco, Valencia, Castela e León, Canarias, Murcia, Asturias Cantabria, Castela A Mancha, Baleares, Cataluña, Navarra e Galicia. No ámbito galego premiose a labor dos concellos de Muros, Barco de Valdeorras, Miño, Poio, Ribadeo, Viveiro, Boiro, Burela, Caldas de Reis e Ordes.
Coa convocatoria destes premios a FUCI recoñece aqueles programas de índole local e de acción conxunta nos que se poñen en marcha actuacións encamiñadas a lograr un modelo de xestión sostible e compatible co desenvolvemento da sociedade. A acreditación da Bandera Verde, Municipio Responsable, ten alcanzado una significación tan apreciable que obriga permanentemente á Federación a considerar melloras permanentes na súa programación e organización.











