O Concello de Ordes procede co arranxo do pavimento da estrada que transcorre pola rúa O Recreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes vén de proceder ao arranxo inmediato dos danos aparecidos nestes últimos días na rúa O Recreo. Esta mesma mañá unha brigada de obreiros procederon a cortar o tránsito e a circulación pola céntrica vía, co fin de iniciar a reparación dunha fochanca. Tal e como informou o alcalde, Manuel Regos “procedemos ao seu arranxo da maneira máis rápida co fin de solucionar as molestias que esta situación puidese causar tanto aos condutores como aos veciños e transeúntes. Deuse orde de recubrir a parte afectada e proceder a pavimentar e nivelar correctamente a zona afectada co máximo de garantías, tendo en conta o elevado número de vehículos e peóns que cada día transcorren pola zona”, aclarou o edil Manuel Regos.

18 de xuño de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.