O Concello de Ordes clausura os seus cursos de informática

Entrega de diplomas
O Concello de Ordes finalizou onte as clases do curso de informática, que ao longo das últimas semanas se viñan realizando na Casa da Cultura. Nesta ocasión os alumnos e alumnas acadaron coñecementos a nivel de iniciación, ademais de aprender o manexo de Internet. Na clausura contouse coa participación do concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez, quen lle fixo entrega dos diplomas acreditativos. Ademais de felicitalos a todos eles polo seu esforzo e adicación, convidounos a continuar ampliando coñecementos nas vindeiras convocatorias, que terán lugar a partir de setembro.











