O Concello de Ordes acollerá a I Festa da Cervexa e a festa de San Antonio, no barrio de O Paraíso
Mañá sábado o Campo da Feira de Ordes acollerá a celebración da I Festa da Cervexa. Unha cita que se poderá disfrutar de balde e que dará comenzo a partir das 12 horas. No cartel previsto inclúense as actuacións do grupo Familia Caamagno, ademais de sesións de música electrónica na discoteca móvil, pola que pasarán distintos dj´s. Posteriormente a festa, na que se agardan milleiros de persoas, continuará polos establecementos da zona.
Xa pola tarde haberá un concerto de gaitas e de música tradicional que correrá a cargo da A.C. Camiño Real de Poulo, Embruxos de Leira, Os Pelexos de Montaos e da Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía.
Os organizadores de este evento instalarán unha carpa de máis de 400 metros cuadrados para resgardarse en caso de chuvia. Tamén haberá polbo, churrasco e moito máis para os que decidan quedar a comer ou cear no mesmo lugar, ademáis de hinchables e atraccións para os máis novos, entre outras sorpresas.
A I Festa da Cervexa está organizada pola Asociación Movida Ordes e Eventos Bergantiños, e conta coa colaboración do Concello de Ordes.
Festa de San Antonio
Por outra banda e tamén mañá o barrio ordense de O Paraíso celebrará a súa tradicional festa na honra de San Antonio, que arrancará ás 13 horas cunha misa solemne
A cita estará animada pola orquesta Ciudad Cristal, que estrá presente tanto na sesión vermout como á noite. Neste caso tamén se instalará unha carpa para continuar a celebración en caso de que choiva.











