O Concello de Ordes acolle a celebración dun curso pioneiro de defensa para axentes da Policía Local e Garda Civil

Instante do curso de defensa persoal
O polideportivo do Mesón de Vento, no Concello de Ordes, acolleu esta mañá a celebración dun curso para membros da Policía Local e da Garda Civil pioneiro en toda Galicia. Trátase dunha combinación de técnicas de artes marciais mixtas (MMA) e de defensa policial, diseñada tendo en conta aqueles elementos e normas legislativas que todos os axentes están obrigados a ter en conta para non acometer malos tratos. Uns coñecementos útiles para calquer tipo de intervención, xa sexa á hora de repeler un ataque uo ben de exercer unha acción de defensa.
Na sesión de hoxe participaron máis de 20 axentes procedentes dos corpos da Policía Loca e Garda Civil tanto de Ordes como da Mancomunidade, así como doutras localidades como Burela, Santa Comba ou Culleredo, entre outros. Unha medida coa que o Concello de Ordes quere contribuir para a mellora da formación, mantemento e perfeccionamento non só dos axentes locais senón tamen cos dos outros concellos da Mancomunidade e municipios cercanos.
Os encargados de transmitir todos estes coñecementos, tanto a nivel teórico como práctico foron: José Gacio, seleccionador galego de judo, David Graíño, preparador do Graíño Team MMA. Tamén paprticiparon membros e instructores da Garda Civil e do Servicio de Intermediación Rápida da Coruña.











