O Concello de Neda rexistra un novo roubo de cableado eléctrico na zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

O Concello de Neda volveu rexistrar esta fin de sema-na un novo roubo de cableado eléctrico no lugar de Illó –parroquia de San Nicolás- que deixou sen suministro eléctrico ao alumeado público na zona. Non se trata dun feito illado, xa que nos últimos meses a Policía Local está a constatar un repunte neste tipo de actos delictivos. Este último suceso tivo lugar na madrugada do venres e rematou co hurto duns 200 metros de cable.

En todo caso, o Concello procederá á inmediata restitución do material e, na mañá de hoxe, un técnico electricista se desprazaba á zona para valorar a situación. Inicialmente, estímase que o custe do cable supere os 2.000 euros, que deberá saír agora das arcas municipais e, por ende, de toda a veciñanza de Neda. É por isto que a Administración local non pode máis que condear este tipo de fei-tos vandálicos que non fan máis que perxudicar á cidadanía.

25 de xuño de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.