O Concello de Neda promove o segundo Torneo de Verán de Fútbol 7

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, animou aos equipos a participar na segunda edición do Torneo de Verán de Fútbol 7 no campo municipal “Juanito González”. Promovido polo Concello, conta coa colaboración da S.D.R. Neda. Os equipos interesados en tomar parte deberán formalizar a súa solicitude nos teléfonos 608 570 228 ou 639 887 730. A data límite, o 12 de xullo. A cuota de inscripción por formación é de 80 euros. Nesta liña, o edil avanzou que a competición, para maiores de 18 anos, desen-volverase durante todo o mes de xullo.

Así, e unha vez pechado o prazo de inscripción, procederase ao sorteo do calendario o mesmo día 12, ás 21 horas no campo municipal. Estas instalacións acollerán a celebración dos partidos, en horario de tarde, cun calendario que de-penderá dos equipos inscritos.

Por último, Roberto Rey sinalou que entregaranse trofeos ao 1º, 2º, 3º e 4º clasificados. Tras os bos resultados da primera edición, o concelleiro mostrou a súa confianza na resposta positiva dos equipos de fútbol e no éxito da competición.

27 de xuño de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.