O Concello de Neda presenta o cartel da Festa do Pan no seu 25º aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+
Presentación do festexo gastronómico

Presentación do festexo gastronómico

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, presentou esta mañá o deseño gañador do cartel que publicitará este ano a XXV Festa do Pan de Neda. E fíxoo no salón de plenos da Casa do Concello e en compañía da concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, e do au-tor da obra, Carlos Pérez López. Neste sentido, Ignacio Cabezón lembrou que, por primeira vez, a imaxe coa que se promocionará a cita festiva máis importante do calendario local saíu dun con-curso convocado pola Concellería de Promoción Turística e aberto á participación cidadá. De feito, valorou moi positivamente a resposta da cidadanía, xa que a selección realizouse entre preto dunha trintena de traballos. Así mesmo e dada a calidade das obras, destacou as dificultades do xurado, no que participou o pintor ferrolá Carlos Barcón Collazo, para tomar unha decisión que, finalmente, foi unánime. Nas súas palabras, tanto pola beleza da composición artística como polo lema.

Nesta liña, a concelleira Montse Rico tamén agradeceu a todos os participantes a súa colabora-ción e transmitiu a Carlos Pérez as súas felicitacións, xa que soubo plasmar nunha única imaxe dous dos referentes máis importantes da real vila: a fervenza do Belelle e máis o seu producto estrela: o pan. E, por último, avanzou que antes da mesma celebración da Festa do Pan a Casa das Palmeiras acollerá unha exposición colectiva con todos os traballos presentados ao certame.

Por último, Carlos Pérez López mostrou o seu agradecemento e orgullo polo recoñecemento e animou ao resto dos concellos da comarca a seguir o exemplo de Neda convocando este tipo de concursos, abertos á participación, xa que na súa opinión constitúen un estímulo á creatividade.

13 de xuño de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.