O Concello de Neda pon a disposición da cidadanía unha rede de puntos de reciclaxe de tóner

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Dende esta semana, o Concello de Neda pon a disposición da cida-danía unha serie de papeleiras de reciclado de toners de impresora. Estes puntos ubícanse en edificios públicos de grande concorrencia como a Casa do Concello, a Casa da Cultura ou o Centro de Saúde. Así mesmo, e de cara ao inicio do próximo curso escolar, se habilitarán tamén tanto nos centros educativos Maciñeira e San Isidro como no IES Fernando Esquío.

O obxetivo do Concello pasa por promover a reciclaxe entre a veciñanza dotándoa dos me-dios necesarios. Así, a Administración local lembra que este tipo de residuos son materiais de alta contaminación que, no caso de acabar no lixo, poden chegar a causar danos de forma irreparable no medio ambiente, xa que un cartucho de tóner contén máis dun quilogramo de plástico, metal, residuos… Pola contra, reutilizar este tipo de consumibles de impresión redu-ce drásticamente a cantidade de desfeitos e contribúe ao coidado e protección do medio.

Nesta liña, e no marco desta política de fomento da reciclaxe, o Concello habilitou nos últimos meses diferentes medios como os colectores de recollida de roupa usada –no centro de saúde e inmediacións do colexio San Isidro-; contenedores para a reciclaxe de aceite doméstico usado -na Avenida de Alxeciras (á altura dos números 95-97), na rúa Santa María (nº 55), Avenida de Xubia (nº 45), Muchiqueira (nº 16) e Mourela Baixa (nas inmediacións do transformador de Fenosa)-; puntos de depósito de pilas e teléfonos móbiles (Consistorio e Casa da Cultura).

25 de xuño de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.