O Concello de Neda fleta buses para asistir á final da Copa de Ferrolterra e animar ao equipo local
O concelleiro de Deportes de Neda, Roberto Rey, anunciou esta mañá que o Concello fletará autocares para asistir á final da Copa de Ferrolterra 2013 que disputará o equipo local Rápido de Neda contra o San Mateo este sábado, a partires das 19,30 horas, no estadio da Malata. Neste sen-tido, o edil invitou á veciñanza a viaxar completamente gratis nos autobuses e animar así ao conxunto nedense. Para isto, tan só deben anotarse nos seguintes teléfonos: 637 32 31 87 ou 608 570 228.
Os autocares partirán de Viladonelle (local social) ás 17,45 horas e iniciarán ahí un percorrido por diferentes puntos do municipio. A seguinte parada, no Roxal (no cruce de desvío á Fervenza). De seguido, tomará rumbo á Igrexa de San Pe-dro de Anca, Cruz do Pouso, Mourela (xunto á estación de servizo de Falcón), cruce de Xuvia, Casa do Concello e O Puntal.











