O Concello de Gondomar revisa as canalizacións de auga potable co fin de minimizar as posibles perdas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A concesionaria do servizo municipal de auga do Concello de Gondomar (Espina y Delfín) está a realizar, nas últimas semanas, unha minuciosa revisión das canalizacións de auga potable do municipio, en busca de posibles fugas ocultas.

Ao non posuír reservas de auga embalsada, o abastecemento de auga do Concello limítase a unha captación no río Touteiras, motivo polo que esta revisión é de vital importancia.

O seu obxectivo principal é o de minimizar as perdas de auga en posibles fugas ocultas, co fin de que a xestión da auga no municipio sexa o máis eficiente posible.

O concelleiro delegado do servizo, Juan Carlos González Camesella, afirma que “tanto o Concello coma a empresa Espina y Delfín están a realizar todas as operacións que están ao seu alcance para garantir a subministración de auga á poboación”. Do mesmo modo, pide aos veciños e veciñas que optimicen e racionalicen o consumo de auga na medida do posible, sobre todo durante esta tempada estival.

En breve, e ao igual que os últimos anos, a Concesionaria procederá á limpeza da presa da captación de auga para poder aumentar a capacidade de bombeo. Aínda así, Camesella puntualiza que “non debemos esquecer que continuamente dependemos da cantidade de auga que o propio río nos poida achegar”.

27 de xuño de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.