O Concello de Gondomar entrega sete novos terminais de comunicación á Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+
Entrega das terminais

Entrega das terminais

Esta mañá fíxose entrega á Policía Local de Gondomar dos terminais do novo servizo de comunicacións por radio. No acto estiveron presentes o alcalde do municipio, Fernando Guitián  e o concelleiro de Tráfico, Juan Carlos González, xunto ao Xefe da Policía, o responsable da empresa TELGA Comunicacións e o responsable do Departamento de Educación.

Este servizo consistiu na reparación do repetidor, a contratación dunha nova frecuencia dixital e de sete terminais individuais, os cales se irán ampliando segundo as novas necesidades que xurdan.

Este novo servizo, ao ser dixital e dispoñer dunha frecuencia propia, cumpre con todos os requisitos legais que ata entón non se cumprían.

Os membros da Policía Local de Gondomar poderán comunicarse entre eles en todo momento en todo o municipio, e mesmo coas policías locais de Nigrán e Baiona. Deste modo, con este novo e mellorado servizo, a Policía gañará en inmediatez e calidade de respostas o que contribuirá a realizar o seu traballo con maior eficiencia e axilidade.

Os antigos terminais serán revisados e reparados para dotar tamén de deste servizo de comunicacións a outros departamentos do Concello (Vías e Obras, Educación, electricidade, entre outros).

12 de xuño de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.