O Concello de Frades abre a inscrición nun curso para obter o título de graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición nun curso para poder obter o título de graduado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), promovido conxuntamente polos Concellos de Frades e de Mesía. Un curso dirixido a alumnos e alumnas de 18 ou máis anos que e queiran presentar ás probas extraordinarias convocadas pola Dirección Xeral de Educación para o próximo mes de setembro.

Hai dispoñibles un total de dez prazas e o prazo de inscrición estará aberto no Concello de Frades ata o vindeiro 21 de xuño. Máis información e anotacións no teléfono 981 695 567. Na edición de 2012 participaron un total de 33 veciños, dos que 13 conseguiron aprobar todas as materias e conseguiron o graduado en ESO.

12 de xuño de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.