O Concello de Ferrol renova a imaxe do portal web da biblioteca municipal
O concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, informou esta mañá de que a Biblioteca Municipal conta dende hoxe cunha nova páxina web. Un novo portal ao que se pode acceder a través da páxina www.ferrol.es ou de xeito directo no enderezo www.ferrol.es/biblioteca.
Así as cousas, García Hurtado apuntaba que a nova páxina muda tanto o seu aspecto externo como a configuración interna co fin de ofrecer ao usuario deste servizo maior información, así como unha imaxe máis atractiva e dinámica e un acceso moito máis sinxelo.
Deste xeito, o novo portal incorpora abondosa información tanto da biblioteca Central como das auxiliares (Caranza e Inferniño); unha relación pormenorizada dos servizos que se ofrecen, moitos deles online como é a renovación de libros en préstamo, solicitude de préstamo interbibliotecario ou a solicitude de novas adquisicións, entre outros. Tamén permite acceder ao seu catálogo e aos doutras bibliotecas; a posibilidade de descargar en pdf os títulos das adquisicións mensuais de libros de adultos, infantiles e material audiovisual; preguntas máis frecuentes (F.A.Q.) e, como novidade, a posta en marcha dunha wiki, esto é, un sitio web que pode ser editado (creado, modificado ou borrado) polos propios usuarios, co obxectivo de facer real e activa a participación cidadá na elaboración de contidos.











