O Concello de Ferrol leva excutados máis de 51.200 metros lineais de roces e limpeza de camiños e fincas na zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol fixo balance sobre as actuacións de roce e limpeza de camiños e cunetas nas parroquias de Mandiá, Doniños, Covas, Brión e San Xurxo levadas a cabo nas primeiras semanas de xuño , segundo os datos facilitados pola empresa concesionaria deste servizo. Este programa integral forma parte do Plan de Barrios, posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela, e conta cun investimento total de algo máis de 76.000 euros.

Un total de 51.286 metros lineais de roce de marxes de camiños foron executados por Tragsa, empresa adxudicataria do servizo, nas cinco parroquias dende o comezo dos traballos o pasado mes de maio. Así, as actuacións  realizadas ata o día de hoxe ascenden a case 12.000 euros. Este programa de traballos de limpeza de camiños na zona rural, que forma parte do novo Plan de Barrios, se complementa coa actuación de sinalización e pintado, coa servizo de mantemento de infraestruturas viarias e co programa integral para a instalación de papeleiras que foi aprobado esta mañá en Xunta de Goberno Local.

19 de xuño de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.