O Concello de Ferrol inicia a selección das 15 persoas que que participarán no itinerario de inserción laboral de “carnicería”
A concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros do Concello de Ferrol, informou hoxe que un total de 107 demandantes de emprego do termo municipal formalizaron a inscrición -o prazo finalizou o 14 de xuño- para o itinerario de inserción laboral de “Carnicería e elaboración de produtos cárnicos”. Este novo curso formativo, enmarcado no proxecto “Ferrol punto de emprego II” posto en marcha polo Administración Local, conta con quince prazas polo que o equipo técnico do proxecto xa iniciou o proceso de selección para este itinerario que ten previsto o seu comezo para mediados do mes de xullo.
A acción formativa terá unha duración de 435 horas en total e desenvolverase ao longo de catro meses. O curso contempla varios módulos: formación específica (200 horas), práctica profesional titorizada en supermercados (210 horas) e formación transversal (25 horas). A edil de Emprego sinalou que o obxectivo desta iniciativa é “capacitar para a realización de operacións de valoración de carne, de despece e de preparación e elaboración de produtos e preparados cárnicos, cumprindo a normativa técnico-sanitaria vixente, así como capacitar para a comercialización de produtos cárnicos”. A responsable municipal tamén lembrou que “ Ferrol punto de emprego II”, financiado en parte polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como finalidade proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.











