O Concello de Ferrol colaborará coa Fundación Galega de Loita contra o Narcotráfico na campaña “Panos brancos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol súmase á conmemoración do Día Internacional contra a Droga. A Concellería de Benestar Social, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, e a Fundación Galega de Loita contra o Narcotráfico preparan unha serie de actividades informativas e de sensibilización dentro da campaña “Panos Brancos”.

Entre estas inclúese un  flashmob, que terá lugar o día 29 de xuño ás 12:00 horas na praza de Amboaxe. Todos os interesados en participar no flashmob deberán acudir ao ensaio previo o 23 de xuño de 12:00 a 13:30 horas no pavillón de Esteiro.

19 de xuño de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.