O Concello de Ferrol abre o prazo para solicitar autorización para as fogatas de San Xoán e San Pedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol abre o prazo para solicitar a autorización para a celebración das tradicionais luminarias de San Xoán (noite do 23 de xuño) e San Pedro (noite do 28 de xuño). O Corpo Municipal de Bombeiros informa que todas aquelas persoas que queiran xestionar a petición do permiso disporán ata o vindeiro día 18, inclusive, para presentar a súa instancia no Rexistro Xeral do Concello. Todas as solicitudes que cheguen fóra de prazo serán desestimadas. Tampouco se poderán realizar as que non sexan revisadas nin reciban a autorización correspondente, previa e preceptiva, do departamento de Bombeiros.

Logo de recibir as solicitude, persoal do servizo de extinción da Administración ferrolá procederá a revisar todas e cada unha delas para comprobar que se axustan ás normas de seguridade. No caso daquelas cacharelas que se vaian a realizar en rúas ou xardíns públicos, deberase ademais contar con visto e prace do Negociado de Medio Ambiente, e recibir tamén a pertinente autorización do Corpo de Bombeiros.

6 de xuño de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.