O Concello de Cedeira reeditará o próximo 23 de xuño o “Día da Bicicleta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportesLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira celebrará de novo este ano o “Día da Bicicleta”. Terá lugar o próximo domingo día 23 de xuño, e a Concellaría de
Deportes, promotora da iniciativa, quere invitar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta, tal e como fixeron o ano pasado. A cita consistirá nun paseo en bicicleta polas rúas da vila, no que a competición será o menos importante. Trátase de gozar en conxunto de Cedeira e tamén deste medio de transporte tan respectuoso co medio.

A Concellaría de Deportes espera que o tempo acompañe e calcula que o percorrido previsto, adaptado a todas as idades, dende nenos ata avós, dure en torno a unha hora. Este tempo sen coches comezará e concluirá en pleno corazón da vila, no Parque do Sagrado Corazón. Dende o Concello infórmase de que previamente a a saída, que se estima en torno ás 11,30 horas, procederase á inscrición de todos os participantes. Precisamente, esa inscrición dará dereito a participar nun sorteo de detalles que levará a cabo o Concello nesa mesma praza.

13 de xuño de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.