O Concello de Ares lembra que as persoas que queiran participar en Orientares aínda poden inscribirse

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares lembra que ata o mesmo día da celebración, prevista para este venres, día 28, as persoas que desexen participar en Orientares poderán formalizar a súa inscripción. Como xa se informou a pasada semana, trátase da primeira proba do deporte de orientación en Galicia deseñada especificamente para persoas maiores; unha iniciativa promovida polas áreas de Deportes e Servizos Sociais que conta coa colaboración doutras institucións  (Xunta, Deputación, Deporte Galego e a Asociación Galega de Clubes de Orientación). Ata o momento, xa hai 15 persoas interesadas en realizar o percorrido.

A actividade, que pretende avanzar na aposta do Concello por ofrecer aos veciños e veciñas de Ares de máis de 55 anos unha iniciativa que fomente as súas habilidades físicas e mentais así como a súa participación social, terá lugar entre as cinco e as oito da tarde. Iván Mera, o monitor encargado da actividade, explicou que ésta destaca pola súa accesibilidade e consiste en que os participantes coa única axuda dun rueiro e unha brúxula completen un percorrido pasando polos puntos que se lles indique e que será as rúas do centro da vila de Ares.

Segundo Mera, el mesmo encargarase de impartir previamente unhas nocións e os mecanismos necesarios ás persoas que desexen realizar esta novedosa iniciativa para poder interpretar o mapa e, deste xeito, realizar a proba posteriormente sen ningún tipo de axuda agás a mencionada do plano e a brúxula.

O deporte de orientación consiste na realización dun percorrido, neste caso a pé, sendo imprescindible o paso por varios puntos marcados con balizas, coa única axuda dun plano e unha brúxula. 

26 de xuño de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.