O Concello da Coruña presenta a VI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

19062013-3A Concellaría de Deportes colabora coa Asociación de Veciños Loureiro de Visma na organización da VI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. Os atletas interesados en participar nesta proba, que se celebrará o 30 de xuño dentro do I Circuito Coruña Corre, poderán inscribirse ata o próximo día 26.

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, recibiu esta mañá o presidente de Asociación de Veciños Loureiro de Visma, Fernando Fernández, e ao vogal de Deportes da entidade veciñal, Xosé Lois Cortés. O Goberno municipal aposta pola celebración deste primeiro circuíto de carreiras populares que afianza o interese polo deporte e o ocio saudable, sobre todo entre os máis novos. Con saída e liña de meta xunto ao centro cívico do barrio, os atletas da categoría absoluta percorrerán o parque de San Pedro de Visma. A proba disputarase o domingo, 30 de xuño, en diferentes horas:

– Absoluta (7.100 metros): 10.30 horas.
– Xuvenil, Infantil e Cadete (1.600 metros): 12.00 horas.
– Cría (800 metros): 12.15 horas.
– Benxamín (800 metros): 12.30 horas.
– Pitufos (150 metros): 12.45 horas.

Para máis información sobre esta proba, pódese acudir ao Servizo Municipal de Deportes (Pazo dos Deportes de Riazor, 1ª planta), de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, e no teléfono 981 18 98 00 (extensións 25036 e 25025); ou ben a través da conta de twitter @corunacorre ou dos seguintes correos electrónicos: carreraspopulares@coruna.es e baixadapopularcrosvisma@yahoo.es.

A proba enmárcase dentro do I Circuito Coruña Corre que naceu en outubro do ano pasado Nos rosales coa intención de fomentar o deporte, aglutinar ao gran número de carreiras populares en ruta que se organizan actualmente no municipio e involucrar ás asociacións veciñais e clubs de atletismo. A iniciativa reitera o compromiso do Goberno municipal co deporte, os barrios e por unir xeracións, coa familia como un dos fíos condutores do proxecto -inclúese unha clasificación familiar-. O circuíto Coruña Corre inclúe un programa de seis probas noutros tantos barrios da cidade. A carreira popular de Visma é a cuarta do calendario.

O circuíto está organizado polo Concello en colaboración coas distintas entidades e clubs da cidade e é unha competición aberta a todos os corredores populares e federados, na que cada participante suma puntos nas probas nas que participe e estean incluídas no devandito circuíto.

19 de xuño de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.