O Concello da Coruña premia a colaboración cidadá na súa campaña de reciclaxe ‘San Juan: espírito sostible’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello, a través da área de Medio que dirixe Enrique Salvador, publicou o número dos gañadores no sorteo enmarcado dentro da campaña de reciclaxe San Juan: espírito sostible. O sorteo tivo lugar onte durante a celebración do Festival San Juan Pequeniño na Praza de María Pita. Un neno e unha nena foron os encargados de extraer 50 boletos ao azar dunha urna que que contiña as matrices de todos os boletos repartidos. Os primeiros 15 boletos extraidos consideráronse os gañadores das 15 viaxes que se sorteaban; os seguintes 35 boletos pasarán a formar parte dunha lista de espera provisional, con preferencia por orde de extracción. Os números incluídos nesta lista de espera terán opción a premio só no caso de que non se repartan todos os premios entre os 15 primeiros gañadores.

Conforme ao sinalado nas bases do concurso, os cincuenta números extraidos e pola orde que se sinalan son:

1.- 6253; 2.- 6326; 3.- 1297; 4.- 5139; 5.- 6125; 6.- 5198; 7.- 6252; 8.- 6330; 9.- 4610; 10.- 5195; 11.- 5097; 12.- 5096; 13.- 5199; 14.- 5091; 15.- 5108; 16.- 7201; 17.- 8388; 18.- 5302; 19.- 5288; 20.- 13035; 21.- 7237; 22.- 5237; 23.- 6396; 24.- 5310; 25.- 7607; 26.- 5138; 27.- 6294; 28.- 6063; 29.- 1367; 30.- 1422; 31.- 12098; 32.- 2180; 33.- 8741; 34.- 6015; 35.- 4901; 36.- 5125; 37.- 9717; 38.- 9710; 39.- 9719; 40.- 2079; 41.- 9703; 42.- 13009; 43.- 7199; 44.- 5386; 45.- 13064; 46.- 9327; 47.- 12057; 48.- 8047; 49.- 9317; 50.- 5357

O premio consiste en 15 viaxes para dúas persoas a diversos destinos nacionais e internacionais. En concreto, son tres voos a Ámsterdam, Roma e Bruxelas (un a cada destino); dous a Mallorca, dous a Tenerife e 8 a Madrid.

Esta campaña, organizada para premiar os cidadáns que colaboraron coa limpeza dos areais, fomentando a reciclaxe e a recollida de residuos nas praias, contou coa participación dunhas 12.000 persoas e permitiu recoller preto de 4 toneladas de lixo. Ademais, a Concellaría de Medio tamén puxo en marcha outra experiencia piloto de repartición de madeira limpa que foi un éxito, xa que en tan só unha hora se esgotaron as 25 toneladas que se repartían.

Os números dos 15 boletos gañadores e dos 35 da lista de espera tamén poden consultarse nas webs www.corunaespiritudefuego.com e www.coruna.es/medioambiente; ou chamando ao teléfono de información municipal 010.

25 de xuño de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.