O Concello da Coruña organiza a conferencia ‘No es una época de cambios, es un cambio de época’, de Marc Vidal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O analista económico Marc Vidal, considerado unha das dez persoas máis influentes de internet en España, impartirá na Coruña a conferencia “No es una época de cambios, es un cambio de época. Las claves para emprender en la hipersociedad”, organizada pola Concellaría de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid.

O acto, que presentará a responsable de Emprego e Empresa, celebrarase o mércores, 26 de xuño, ás 17.00 horas, no centro sociocultural da Fundación Novacaixagalicia e a asistencia será gratuíta -logo de inscrición na páxina web http://www.ticketea.com/conferencia-marc-vidal-coruna-26-junio-2013- e ata completar aforamento.

A conferencia forma parte dos actos promovidos pola área de Emprego e Empresa para fomentar a cultura emprendedora. “O Concello está a facer unha clara aposta polas novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo global”, indica Luisa Cid.

Marc Vidal, especializado en nova economía, creou cinco empresas e máis de 100 postos de traballo, é fundador de IDODI.EU (Only Different Ideas: solucións de internacionalización de autor con Idodi Internacional, xestión en innovación empresarial con Idodi Corporate e a creación dun fondo para a incubación de proxectos de base tecnolóxica), publicou “Crónica de una crisis anunciada y Contra la cultura del Subsidio. Microburguesía Low Cost“.

Na súa intervención, o experto abordará novos conceptos como a economía relacional e a aplicación das redes sociais e os escenarios dixitais ao ámbito empresarial.

18 de xuño de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.