O Concello da Coruña informa de tres afeccións de tráfico para os próximos días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico e Mobilidade, que dirixe Begoña Freire, informa de tres afeccións de tráfico que se van producir nos próximos días.

Na avenida de Alfonso Molina cortarase a circulación dun carril, debido ás obras de mantemento da mediana axardinada, entre a pasarela peonil da Estación de Autobuses e o viaduto da avenida de San Cristóbal. Para iso, é necesaria a ocupación do carril esquerdo en dirección saída cidade. A afección ao tráfico será dende as 23.00 horas de mañá, xoves 13 de xuño, ata as 6.00 horas do venres 14.

Por outro lado, debido aos traballos de canalización da rede de Unión Fenosa, produciranse cambios na circulación da avenida Joaquín Planells e a rúa Álvaro Cunqueiro. Na avenida de Joaquin Planells, o venres 14 de xuño, instalaranse dúas cámaras de empalme subterráneas fronte ao número 56, entre as rúas Branco White e a rúa Médico Devesa Nuñez, e fronte á gasolineira de Repsol. Desta forma, suprímese o tráfico entre as 10.30 e as 14.00 horas. Crearase unha glorieta provisional para realizar o cambio de sentido e ir por Xeneral Rubín cara á avenida Salgado Torres. Sinalizarase cun panel informativo antes da rúa Xeneral Rubín.

Na rúa Álvaro Cunqueiro, prorrógase ata o venres, 14 de xuño, o corte da vía entre a intersección coa avenida de de Alfonso Molina (á altura do número 7 de Álvaro Cunqueiro) e a Praza da Milagrosa, desviando a circulación cara á avenida de Alfonso Molina- San Cristóbal. O Concello sinala que se permite o acceso en todo momento aos garaxes afectados.

12 de xuño de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.