O Concello da Coruña informa de cambios provisionais na circulación por obras na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ▼
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación.

– Con motivo das obras de canalización da rede de alta tensión na avenida García Sabell, é necesaria dende hoxe, mércores 19 de xuño, a ocupación do carril esquerdo da vía en sentido Matogrande, debaixo da rotonda elevada na avenida da Universidade ata a incorporación desta á avenida García Sabell. A duración estimada destes traballos é de catro días.

– Con motivo das obras de canalización da rede de alta tensión na rúa Enrique Mariñas é necesaria a ocupación do carril de entrada a Matogrande, polo que o tráfico se desvía polo aparcadoiro interior, fronte ao hotel AC. En todo momento se mantén un carril para cada sentido de circulación. Esta afección terá unha duración de seis días e iniciarase mañá, xoves 20 de xuño. O horario do corte será de 08.30 a 19.00 horas, repoñéndose o tráfico habitual o venres, día 21, ás 19.00 horas para volver cortalo o martes, 25 de xuño, ás 08.30 horas.

19 de xuño de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.