O Concello da Coruña informa de cambios provisionais na circulación por obras na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación.

Con motivo dos traballos de reposición de pavimentos e impermeabilización da rúa Alcalde Suárez Ferrín, á altura do número 5, será necesario o corte desta vía. O acceso aos garaxes realizarase dende Manuel Azaña e dende a rúa perpendicular a Emilio González López, permitíndose o dobre sentido de circulación. As obras empezarán o próximo martes, 25 de xuño, e a previsión é que finalicen o 12 de xullo.

A canalización da rede de Unión Fenosa no ramal de suba da rolda Camilo José Cela á avenida de Monelos implica o corte do tráfico neste tramo. Os traballos terán unha duración estimada ata o 19 de xullo. A alternativa de acceso á avenida de Monelos será dende a glorieta de Matogrande pola avenida Salvador de Madariaga e a rolda Camilo José Cela. Este percorrido alternativo será que realice a liña de bus urbano 1 A.

As obras de canalización da rede de alta tensión na avenida García Sabell requiren a ocupación do carril esquerdo da vía, en sentido Matogrande, debaixo da rotonda elevada da avenida da Universidade ata a súa incorporación á avenida García Sabell. Esta afección ao tráfico será entre o martes, 25 de xuño, e o venres, día 28.

A canalización da rede de Unión Fenosa na avenida de Joaquín Planells para a instalación de dúas cámaras de empalme subterráneas fronte á gasolineira de Repsol e fronte ao número 56 supoñen a supresión do tráfico en sentido entrada á cidade dende a glorieta da Grela -non afecta na dirección contraria, saída da cidade-. As obras fronte ao número 56, entre as rúas Médico Devesa Núñez e Branco White, serán ata o 28 de xuño; mentres que a instalación da cámara fronte á gasolineira se concluirá o 5 de xullo.

Os traballos de colocación dunha nova arqueta de Unión Fenosa na rúa Panaderas, números 38-40, obrigan a ocupar o carril de baixada en dirección ao Orzán, dándose tráfico alternativo con sinais. O cambio na circulación está previsto a partir do próximo martes, 25 de xuño, e cunha duración aproximada dunha semana.

A reparación do pavimento na calzada do ámbito dos xardíns de San Carlos e a Maestranza require a ocupación dun dos dous carrís de circulación, dándose tráfico alternativo con sinais. As obras empezarán o próximo martes, 25 de xuño, e cun prazo de execución estimado de seis días.

22 de xuño de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.