O Concello da Coruña apoiará o alpinista galego Félix Criado no seu ascenso ao K2

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocalLocal Portada
A-
A+
Apoio municipal a Félix Criado

Apoio municipal a Félix Criado

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, informou esta mañá de que o Concello da Coruña apoiará ao alpinista Félix Criado no seu reto de ascender o K2, xa que é o primeiro coruñés, que asumirá este ambicioso obxectivo: “Os coruñeses valoramos a valentía de Félix Criado, xa que o K2 é a segunda montaña máis alta do mundo, tras o Everest. Ademais, segundo os expertos, é das máis difíciles de ascender. Así que esperamos que o noso veciño teña éxito neste importante reto que emprende nuns días”, asegurou.

Tal e como explicou, os escaladores Alex Txikon e Ferrand Latorre acompañarán a Félix Criado nesta aventura na que ascenderán o K2 utilizando a chamada Vía Cessen, na cara sur. Será unha escalada lixeira, sen sherpas nin carrexadores e os alpinistas non levarán osíxeno artificial, “o que poñerá a proba a súa capacidade física e a súa destreza montañeira”.

O proxecto, que xorde como celebración aos 25 anos da Agrupación de Montañeiros Independentes da Coruña da que Criado é presidente, inclúe a realización dun documental sobre a ascensión e o uso das novas tecnoloxías. “O Concello da Coruña mostra, unha vez mais, o seu compromiso cos deportistas coruñeses”, asegurou Mourelo, quen desexou sorte ao alpinista.

5 de xuño de 2013 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.