publicidade hoxe

O Concello da Cañiza pon en marcha un taller de preparación para obter o título de graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

O Concello da Cañiza pon en marcha un taller de preparación para obter o título de graduado en ESO (Ensinanza Secundaria Obrigatoria) por libre na convocatoria de setembro de 2.013.

-Período de inscrición para presentarse ás probas: do 1 ao  8 de xullo de 2013.

-Clases dende o 10 de xullo ata o  11 de setembro.

-Lugar : 1ª Planta Edific. Multiusos

-Días e horario : luns , mércores e venres de 09 a 14 h.

-Data do exame: 12 de setembro

Este taller desenvolverase nas aulas de formación do Edificio Multiusos durante os meses de xullo e de agosto deste ano en horario de mañá.

Poderán participar neste taller ata un máximo de 20 persoas e preferentemente:

a) O alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria ou de programas de cua­lificación profesional inicial (PCPI) en risco de exclusión social, aquel que presente altos índices de absentismo ou o que ten un elevado fracaso escolar.

b) Os mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo sen acadar a titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria ou superior.

No caso de que estas 20 prazas nos foran cubertas  por alumnos que cumplan o perfil descrito nos párrafos a) e b) anteriormente descritos, poderán admitirse membros de familias sen recursos económicos que precisen obter o título de ESO para encontrar un traballo.

Neste taller desenvolveranse actividades de formación, información e orientación encamiñadas á preparación para as probas de obtención do título de graduado en ESO e á busca e definición do perfil pro­fesional máis axeitado ás características do alumnado.   Tamén se realizarán actividades de apoio e reforzo educativo dirixidas ao alumnado con menor motivación e/ou capacidade para aprender, orientadas á adquisición das competencias básicas.

12 de xuño de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.