O Concello celebrou as dúas primeiras conferencias do programa “San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Os locais comerciais libres: unha oportunidade”
Esta semana tiveron lugar as dúas primeiras conferencias dentro do programa de revitalización comercial “San Pedro para vivir, San Pedro para traballar” adicadas a “As posibilidades de uso e o potencial dos locais baleiros” e a “Axilización do proceso de obtención de licenzas municipais para a apertura de negocios”. A primeira foi impartida por Pedro Almedros, Socio Director de Nortec, consultores especializados en marketing estratéxico, vendas e especialmente en entorno urbano, e a segunda pola Xefa de servizo de licenzas e disciplina urbanística María Cacharro López. Nas xornadas asistiron tanto veciños do barrio, potenciais emprendedores, propietarios de locais baleiros e comerciantes, a contou tamén coa presenza da concelleira de comercio Reyes Leis e persoal técnico.
Na próxima semana comezarán os grupos de traballo “Mellora das prácticas comerciais” e “Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidades de negocio”.
O obxectivo do Concello é contar coa colaboración dos diferentes colectivos para poder escoitar directamente as súas necesidades, traendo experiencias novidosas no aproveitamento de locais comerciais, traballando en grupo para ver como se poden poñer en consonancia os intereses de todas as persoas participantes, co obxectivo de revitalizar os barrios.
O proceso rematará cunha charla que terá como obxectivo a dinamización do eixo comercial do barrio como exemplo de área comercial urbana e, ao seu remate, coa posta en valor de todas as achegas que se realizaron durante o proceso.











