O Concello asina un convenio con Ecos do Sur para a realización do programa ‘Agra-Activa’ dentro do plan Urbana C
O Goberno municipal formalizou en Xunta de Goberno Local, o convenio coa entidade Ecos do Sur para o desenvolvemento do proxecto Agra-Activa, de actuacións de información e asesoramento á poboación inmigrante e accións de orientación e inserción laboral, na zona do Agra del Orzán dentro do plan Urbana C, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, dentro do seu Plan Integral de atención á Inmigración.
Unha actuación que forma parte da estratexia do Goberno municipal que pretende crear espazos comúns de intercambio de experiencias, recursos e iniciativas para todas as persoas que viven no barrio, xa que se trata da zona da cidade na que conviven máis nacionalidades e dun espazo cunha elevada densidade demográfica: viven un de cada dez coruñeses e no propio barrio 1 de cada 10 residentes son inmigrantes.
O proxecto ten como finalidade principal o desenvolvemento de accións de dinamización sociocultural, itinerarios personalizados de inserción social e laboral, iniciativas emprendedoras, asesoramento social, mediación intercultural e apoio psicolóxico na zona do Agra del Orzán; cos seguintes obxectivos:
– Atender as necesidades da poboación inmigrante residente no Agra del Orzán en materia de integración social, cultural, psicolóxica e laboral.
– Promover a empleabilidad do colectivo de inmigrantes residentes no Agra del Orzán mediante itinerarios personalizados de inserción laboral.
– Estender as políticas de igualdade de oportunidades e de xénero da poboación inmigrante.
– Promover e impulsar espazos comúns entre a poboación española e estranxeira deste barrio.
O proxecto, que se desenvolverá ata o 31 de decembro, contará cun presuposto de 162.215 euros, financiados polo programa comunitario Urbana C. O proxecto estará integrado por 33 traballadores entre psicólogos, mediadores interculturais, traballadores sociais ou docentes; e 22 voluntarios; ademais de medios materiais e técnicos.











