O Concello arranxa as pluviais no lavadoiro da Carballeira, en Lourizán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana traballos de arranxo das augas pluviais na zona do lavadoiro do lugar da Carballeira, na parroquia de Lourizán. O concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez explicou que se trata dun espazo de encontro veciñal, dado
que é un punto de referencia da parroquia que precisa desta actuación pequena, pero moi importante, para que o lugar quede en óptimas condicións de cara ao verán.

Ademais, esta intervención, que poderá estar rematada nuns días, a canalización de pluviais permitirá ao espazo soportar mellor as inclemencias climatolóxicas no inverno.

13 de xuño de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.