O Concello agradece a todos os veciños a súa participación e colaboración no Corpus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O pasado domingo Gondomar foi fiel a unha das súas tradicións máis arraigadas coa celebración do Corpus Christi. Veciños e foráneos congregáronse no Concello para ver os 700 metros de alfombras florais que cubriron as principais rúas do municipio.

Durante un mes, veciños e veciñas, de Gondomar e parroquias, traballaron duramente para confeccionar estes mantos florais. Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura e Festexos, apunta a que este ano a participación se triplicou con respecto ao anterior.

Por iso, dende o Concello de Gondomar quérese agradecer e recoñecer o esforzo a todos os veciños e persoas que dalgún xeito participaron e colaboraron, tanto no deseño e confección das alfombras como aportando as flores precisas para a súa elaboración. Grazas a todos eles, os verdadeiros artífices desta festa, se puido levar a cabo, unha vez máis, esta tradición que cada ano congrega máis visitantes en Gondomar.

6 de xuño de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.