O Concello adxudica o luns o quiosco-bar da praia de Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O quiosco bar da praia Compostela contara o luns co novo concesionario para explotar o servizo durante a temporada de verán. A Xunta de Goberno Local procederá o luns a adxudicación so servizo, un trámite que estaba previsto levar a cabo onte (venres) pero que tivo que aprazarse debido á celebración do pleno. A previsión é que o con ocido como o “chiringuito” da praia abra ao público a vindeira fin de semana, unha vez que o concesionario o dote do mobiliario e equipamento preciso.

A proposta de adxudicación que o departamento de Contratación eleva o luns á Xunta de Goberno Local propón adxudicar o servizo de quiosco bar á oferta presentada por Jorge Rubén Morganti Bengochea, por ser a que acadou a maior puntuación tras avaliar os criterios establecidos nas bases da convocatoria.

Das catro ofertas que concorreron ao concurso, a que se propón para a adxudicación do contrato eleva o prezo de saída do canon, fixado en 300 euros mensuais, ata os 501. Entre outras melloras, esta proposta tamén amplía o horario de apertura do servizo de 9 da mañá ata as 23:00 horas de xeito ininterrompido, o que supón tres horas máis das fixadas nas bases. Ademais, o titular certificou dous anos de experiencia no sector de hostalaría.

Despois de que a Xunta de Goberno local aprobe o luns a adxudicación da concesión, o adxudicataria disporá duns días para dotar ao pavillón de servizos da praia dos equipamentos e mobiliario necesarios (electrodomésticos, mercancía …) para prestar o servizo. A previsión é qeu o quiosco bar abra ao público a vindeira fin de semana.

Obrigas

Aparte das melloras comentadas, o concesionario deber cumprir ás obrigas incluídas nas cláusulas do contrato nas que se establece, por exemplo, que deberá permitir o libre e gratuíto acceso publico ós aseos do edificio durante o horario de funcionamento do local, así como manter os mesmos en condicións axeitadas de hixiene e limpeza, así como a colocación nos mesmos de papel hixiénico. O concesionario ten, así mesmo, a obriga da apertura e peche dos citados aseos, coincidindo co horario de apertura e peche do establecemento.

Ademais de aboar o canon mensual que se fixe na adxudicación, o concesionario terá que correr cos gastos de funcionamento do pavillón de servizos durante o prazo da concesión (electricidade, auga…). Tamén terá que afrontar os posibles danos que sufran as instalacións municipais e deberá ter subscrita unha póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubra posibles danos a terceiros, por un capital mínimo asegurado de 150.000,00 euros.

2 de xuño de 2013 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.