O Concello abre o prazo para tramitar as solicitudes para as cacharelas de San Juan e San Pedro
O Concello de Cedeira abriu o prazo para presentar as solicitudes para a celebración das tradicionais cacharelas de San Juan e de San Pedro. Así, as persoas interesadas en facelo tan só deben cursar a súa petición a través do Rexistro Xeral do Concello antes do día 17 de xuño (inclusive) en horario de mañá (de 9 a 14 horas).
Unha vez tramitada, terá entón que recoller a autorización no mesmo lugar o día 21.
Na propia documentación a cubrir polo solicitante, o Concello informa dos requisitos que deben cumprir as cacharelas. Entre eles, a súa situación, nun lugar despexado e nun perímetro libre de combustibles (árbores, matogueiras, edificios…) mínimo de dez metros, ou a obriga de proceder á limpeza da zona afectada unha vez rematada a actividade.











