O Concello abre o prazo para o campamento urbano de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo para apuntarse ao campamento urbano que organiza a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

A actividade terá lugar no Campo da Feira (parque situado no exterior da OMIX), dende o 1 de xullo ata mediados de agosto, aproximadamente, de luns a xoves, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Hai 40 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, que realizarán de xeito totalmente gratuíto actividades lúdico-educativas (obradoiros, dinámicas de grupo, xogos, cancións, xincanas). Haberá monitoras tituladas con experiencia, e voluntarias locais e europeas.

Alén disto, e para os nenos e nenas que queden en listaxe de espera, haberá actividades no mesmo lugar os venres pola mañá, que serán desenvoltas polo grupo de voluntariado da Cruz Vermella, que xa leva anos colaborando co Concello.

Para formalizar as inscricións ou pedir máis información, dirixirse ao local da OMIX Tomiño, sita no Campo da Feira, s/n, ou chamar ao teléfono 986 623304.

3 de xuño de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.