O concelleiro coruñés, Francisco Mourelo presenta o torneo de pádel A Coruña International Open

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Mourelo durante a presentación

Mourelo durante a presentación

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, presentou esta mañá o torneo A Coruña International Open, a sexta proba do circuíto World Pádel Tour que se celebra na cidade ata o próximo domingo 30 de xuño: “Con este evento, A Coruña converterase por unha semana na capital mundial do pádel, xa que neste circuíto se encontran os mellores xogadores do mundo”, asegurou o concelleiro, quen estivo acompañado de César Inglés, director General do circuíto, e de Juani Mieres, número dous do mundo.

Francisco Mourelo explicou que A Coruña é unha das 18 cidades que forma parte do circuíto World Pádel Tour que conta con 14 torneos nacionais e 4 internacionais, ademais dun Máster final que se diputará a finais de ano en Madrid: “Para a cidade é unha honra formar parte do circuíto e converterse nun lugar de referencia para a práctica desta modalidade deportiva”, sinalou e engadiu que é o segundo deporte, tras o fútbol, con maior número de persoas que o practican: “O pádel conseguiu cuadriplicar o número de practicantes en 5 anos e duplicar, no mesmo período, o número de pistas no país. É un deporte en auxe e que na Coruña conta con moitos afeccionados pero tamén con importantes xogadores competindo. Por iso, dende o Concello quixemos impulsar esta modalidade deportiva formando parte dun circuíto de máximo nivel”.

O evento, que se celebrará no club Coruña Sport Centre e no Pazo dos Deportes, contará coa participación dun total de 70 parellas que xogarán as fases previas no club e dende mañá, mércores 26, se trasladarán ás instalacións de Riazor.

Para finalizar, César Inglés agradeceu “a colaboración e as facilidades” do Concello da Coruña e mostrouse convencido de que o torneo será todo un éxito.

25 de xuño de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.