O cómico Boquete e “Carne ao caldeiro” pechan os “Monólogos na Carballeira” do mes de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónCalendarioLocal
A-
A+

O cómico Boquete protagonizará mañá venres 21 de xuño unha nova xornada dos “Monólogos na Carballeira”, un novo programa cultural posto en marcha este ano polo Concello de Brión. Unha actuación que terá lugar na sala de exposicións municipal a partir das 20.30 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Boquete presentará o seu monólogo “Carne ao caldeiro”, de aproximadamente hora e media de duración. Este será o último monólogo de xuño, xa que para a vindeira semana está programada a celebración dos Encontros coa Arte, que este ano están dedicados ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. O cómico ourensán Víctor Grande pechará a primeira edición dos “Monólogos na carballeira” o venres 5 de xullo co seu monólogo “Non so o opinado para apropiar”.

Viaxe ao aquapark

Por outra banda, o Concello de Brión lembra que está aberto o prazo de inscrición na viaxe ao aquapark de Cerceda, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de xuño dentro do programa “Tardes de verán”, co cal o Concello de Brión pretende ofrecer actividades para disfrutar en familia. Os interesados en participar teñen que anotarse previamente na Casa da Cultura (981 50 99 08). O prezo da viaxe é de 12 euros (maiores de 10 anos), mentres que é totalmente de balde para menores de 10 anos. A entrada ao aquapark custe entre 6 e 8 euros.

20 de xuño de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.