O colexio Maciñeira acolleu o acto de entrega dos carnets aos 50 novos socios da Biblioteca
A Biblioteca Municipal de Neda superou os 3.900 socios e socias esta mañá. Unha cifra de récord posible despois de que medio centenar de estudantes do colexio público Maciñeira se désen de alta. Todos eles realizaron a solicitude nunha visita guiada ao centro de lectura celebrada o pasado mes de abril. Visita que incluíu no seu día un taller de elaboración de marcapáxinas, un percorrido polas instalacións e unha sesión de contacontos. Esta mañá, en torno ás 12 horas, o centro educativo nedense acollía o acto de entrega dos carnets aos novos socios. Un acto que se pechaba coa celebración dunha nova sesión de contacontos.











