O Club Remo do Miño domina a Copa Ibérica de Remo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTui
A-
A+

A pasada fin de semana disputouse no Parque Náutico de Castrelo do Miño, a Copa Luso-Galaica Cabreiroá para clubs, na que o Club Remo do Miño acadou nove medallas de ouro e catro de prata.

Os remeiros/as tudenses dominaron en case todas as categorías, aínda que algúns deles disputaron ata 12 regatas en dous días.

A Copa disputouse nas distancias de 500 e 1.000 metros, obtendo os seguintes resultados:

Dobre Scull absoluto masculino – David Prada / Óscar Alonso
1.000 metros – Ouro
500 metros – Ouro
Dos sen temoeiro absoluto masculino – Alejandro Lomba / Yago Izquierdo
1.000 metros – 4º
500 metros – Prata
Skiff absoluto masculino – Jorge André Correia
500 metros – Prata
Catro Scull absoluto masculino – Jorge André Correia / David Prada / Óscar Alonso / Cristián Fernández
1.000 metros – Ouro
500 metros – Ouro
Catro sen temoeiro absoluto masculino – Alejandro Lomba / Francisco Izquierdo / Miguel Martínez / Yago Izquierdo
1.000 metros – Ouro
500 metros – Prata
Catro Scull absoluto feminino – Lucía Saborido / Uxia Saborido / Laura Corgo / Anna Yuchenko
1.000 metros – Ouro
500 metros – Prata
Oito con temoeiro absoluto masculino
1.000 metros – Ouro
500 metros – Ouro

En definitiva, un campionato espectacular para os remeiros e remeiras do Club Remo do Miño, como preparación para o Campionato Galego de Remo que disputarase na próxima fin de semana.

O Concello de Tui desexa felicitar ao Club Remo do Miño, aos seus deportistas e aos adestradores polos magníficos resultados acadados na Copa Luso-Galaica.

12 de xuño de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.