O CIM pecha este venres o prazo para anotarse na charla sobre embarazo e lactación materna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

O CIM de Ortigueira pecha este venres o prazo de inscrición no último dos talleres que se ofrecerán esta tempada dentro do programa “Muller e saúde”. Trátase dunha sesión sobre lactación e embarazo que está previsto que se desenvolva a próxima semana.

A charla coloquio ten como obxectivos fundamentais propiciar un achegamento ás profesionais relacionadas cos embarazos que atenden ás veciñas de Ortigueira, Cariño e Mañón, ademais de ofrecer información sobre a lactación materna.

A actividade, que se desenvolverá no Antigo Hospital de San Roque (hoxe Centro de Participación Social de Ortigueira) o próximo 11 de xuño, a partir das 17 horas, participarán Natalia Freire e Dores García, matrona e enfermeira de pediatría nos centros de saúde de Ortigueira, Cariño e Mañón; ademais da asesora en lactación materna, Begoña Barcón.

Entre os temas a abordar figuran as funcións da matrona e os programas asistenciais existentes na zona, beneficios da lactación materna, verdades e mitos sobre este tema, posicións de aleitamento…

As veciñas que queiran participar na charla deberán anotarse previamente, dirixíndose ao centro social de Ortigueira, ou ben través do teléfono 981400000.

3 de xuño de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.