O CIM do Carballiño pasa a ser comarcal tras o convenio asinado por todos os alcaldes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

As prestacións do Centro de Información á Muller do Carballiño pasará dende hoxe a ter un carácter comarcal, aínda que habitualmente xa se atendesen casos de toda a bisbarra, pero agora permite un mellor traballo tras o convenio asinado polos nove alcaldes da bisbarra carballiñesa, os de Piñor, Cea, Irixo, Maside, San Amaro, Beariz, Punxín, Boborás e O Carballiño.

Con este convenio o que se pretende é, ademais de ofrecer todo o apoio e axuda ás mulleres que o necesiten, contar con maiores vías de subvención ao tratarse dun servizo dos nueves concellos. Mesmo acceder a axudas que de forma directa un único concello non podería, pero se como conxunto de concellos.

Na firma deste convenio estaba, xunto cos nove alcaldes, a edil de Igualdade do concello do Carballiño Purificación Alberte.

26 de xuño de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.