O Centro Cultural de Sigüeiro acolle durante esta semana a exposición “Miradas con alma”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOroso
A-
A+
Unha das fotografías da mostra

Unha das fotos da mostra

O centro cultural de Sigüeiro acolle durante esta semana a exposición “Miradas con alma”, unha selección de debuxos, pinturas e fotografías de María del Cielo Marcos Gómez e María Ester Iglesias Bello que tratan sobre a mirada dos seres vivos e as incógnitas e sensacións que nos transmiten. “A nosa mirada é como o pozo do tempo, onde a vida pode volverse fugaz ou acompañarnos eternamente. Alí, neses grandes ollos ela reside. Expectante, observadora, apaixonada, garda no seu interior os segredos máis ocultos da alma. Pero ela é diferente en cada ser, non hai dúas que poidamos apreciar da mesma maneira”, explican as autoras.

“Miradas con alma” recolle unha serie de cadros onde as fotografías, os debuxos e as pinturas non son máis ca unha natureza viva en estado de conxelación, que se anima no momento xusto no que é obxecto da mirada do espectador. Unha exposición que poderá visitarse no centro cultural Fernando Casas e Novoa ata o vindeiro sábado 15 de xuño.

Para o luns 17 de xuño está prevista a inauguración dunha nova exposición de pintura, titulada “Camiño de Santiago da pintura” e obra do pintor natural de Toro (Zamora) Francisco Pérez Alonso. O acto de inauguración terá lugar ás 19:00 horas e a entrada é libre e de balde. A mostra, que recolle as pinturas realizadas polo pintor co gallo da súa peregrinación a Santiago, poderá visitarse ata o vindeiro 30 de xuño.

11 de xuño de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.