O Carbaliño acolle unha nova edición do curso de termalismo da Universidade de Vigo
A XIX edición do curso de Termalismo que organiza a Universidade de Vigo, en colaboración co Instituto de Estudos Carballiñeses e o propio concello, deu comezo este martes, coa benvida por parte do alcalde aos alumnos matriculados, aos que animou a aproveitar tanto as ensinanzas que se impartirán durante o curso, coma a súa estanza durante estes días no Carballiño.
Na mesa inaugural estaban o alcalde, Argimiro Marnotes, xunto Co Doutor Luis Rodríguez míguez, e os directores do curso Avelino Muleiro e José Luis Legido.
O curso de Termalismo, preséntase baixo as diversas alternativas que ofrece o termalismo na sociedade actual.
Parecen evidentes os beneficios que a sociedade do benestar reclama e pode conseguir acudindo a estes lugares. A cura de enfermidades somáticas e o restablecemento do equilibrio psíquico xerado polo estrés teñen nestes lugares un punto de referencia inevitable.
Como os balnearios do Carballiño teñen prestixio internacional recoñecido, ningún sitio mellor para realizar esta actividade.
Coa entrada dun novo milenio, no que o tempo de ocio vai aumentar considerablemente para uns cidadáns -habitantes de países desenvolvidos e nos que as expectativas de vida se amplían cada vez máis-ten que resultar sumamente interesante recibir unha ampla información científica sobre a natureza, a esencia e as circunstancias que rodean estes centros causantes de saúde.
Os balnearios parecen estar exercendo chamado importantes funcións sociais: sanitarios, estéticas, turísticas, etc. Ante esas grandes perspectivas que se abren ao termalismo parece oportuno e aínda necesario, propiciarlle á colectividade universitaria a oportunidade de informarse e prepararse, se cadra, neste mundo das augas misteriosas.
Este curso desenvolverase no Carballiño dende o martes 25 de xuño ata o 28 do mesmo mes, con saídas a varios balnearios e fontes termais da zona.











