O cantante “Jorge Gonzalez”, finalista do concurso “La voz” de Telecinco visita de novo Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O artista madrileño actuará no IES Carballo Calero de Ferrol este venres día 7 de xuño ás 12:30 da mañá como premio do concurso “Cantaferrol” organizado pola concelleria de xuventude do Concello de Ferrol e que se desenvolveu a tarde do pasado sábado 6 de Abril en unha gala que abarrotou a praza de Amboagede novos estudantes, familiares e docentes nunha competición entre centros escolares de toda a bisbarra emulando o formato do programa televisivo “A Voz” e cuxa gañadora Miriam Rodriguezademás dun premio en metálico e un curso de canto gratuíto tamén obtivo a posibilidade de elixir a un dos membros do xurado formado por Paco Arrojo, Javi Mota así como o electo Jorge Gonzalez para actuar no seu centro educativo e premiar así a todos os seus compañeiros.

A gañadora do concurso Cantaferrol converteuse nestes meses en toda unha estrela para os seus compañeiros por iso será a encargada de empezar o espectáculo cunha actuación de 30 minutos previa á do finalista de “A voz” co que tamén compartirá un dueto.

Aproveitando a visita á cidade, Jorge Gonzalez actuará a mesma noite do venres na sala Nova Imperial sita no polígono da Gándara en Narón, para todos aqueles interesados en escoitar o artista dado que a actuación no IES Carballo Calero será exclusiva para os alumnos do devandito centro.

5 de xuño de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.